Se pechas ben os ollos e abres a porta da imaxinación poderás ver máis alá da simple realidade.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS: DÍA DA PAZ

Mañá venres, a partir das 18:30 na libraría Libros para soñar realizarase unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de tres anos con contos sobre a solidariedade, a cooperación e a convivencia sumándose así aos actos do día da paz e non violencia.



Rúa Triunfo 1, Vigo (Zona Vella)

UN LIBRO PARA A PAZ

Aquí vos deixo unha recomendación lectora para o día da paz con este conto chegado dende a China con o que
os nenos e nenas poden aprender que coa loita non se resolven os problemas, o mesmo tempo que coñecen  a lenda de como naceron os dragóns.

luns, 27 de xaneiro de 2014

CARAPIZZA

Seguindo co noso proyecto de cociña aquí tedes as caras de pizza que fixemos xa hai uns días. Ademais de pasalo moi ben os nenos e nenas recordaron e situaron as diferentes partes da cara.

luns, 20 de xaneiro de 2014

ANTES DO NADAL... FESTA

Antes das vacacións de Nadal os nenos e nenas da clase participamos no festival de Nadal do cole cunha obra/baile o son da canción Hecho con tus sueños do grupo pop Maldita Nerea. Aquí vos dixo unhas fotiños.




























 Ese día tamén nos visitou Papá Noel e puidemos entregarlle as nosas cartas cos nosos desexos. Tamén nos deron caramelos. Que ben o pasamos!!!



















venres, 17 de xaneiro de 2014

MADALENAS CON AIRES DE NADAL

Antes do Nadal fixemos dentro do noso proxecto de cociña unhas riquísimas madalenas de chocolate decoradas con motivos propios desta época. Aquí vos deixo un vídeo onde se recolle todo o proceso. Espero que vos guste.


                                  VER VÍDEO

martes, 14 de xaneiro de 2014

LA LUNA


Deixovos aquí un corto titulado La luna dos incribles creadores de soños de Pixar. Espero que vos guste tanto coma a min e que vos faga soñar un anaquiño.


luns, 13 de xaneiro de 2014

QUERIDOS REIS...




Despois de moito esperar e probar, xa podo volver publicar todo o material que teño atrasado, así que ahí os vais un pequeno adianto.

Aquí tedes as cartas que os nenos e nenas lle escribiron os Reis Magos antes de marchar de vacacións.


mércores, 8 de xaneiro de 2014

VISITA DA MAMÁ DE SARA

Fai xa tempo pasou pola clase a mamá de Sara para ensinarnos a facer galletas. Non sabedes o ben que o pasamos e moito que aprendemos sobre os pasteleir@s, os produtos que se empregan para facer as galletas e tamén traballamos  a motricidade fina.

Aquí os deixo unhas fotiñas desta encantadora visita:


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This scrapbooking design personalized with Smilebox


Moitas grazas Lorena pola túa visita.