Se pechas ben os ollos e abres a porta da imaxinación poderás ver máis alá da simple realidade.

venres, 25 de abril de 2014

O MEU LIBRO FAVORITO

Dentro das actividades relacionadas co día do libro os nenos e nenas trouxeron á clase o seu conto favorito, os cales vamos lendo día a día na hora de lectura.






mércores, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO: UN LIBRO E UNHA FLOR

Hoxe seguindo a tradición catalana de San Jorge que conmemora o Día do libro e o seu patrón, dentro das actividades relacionadas co día do libro, decidimos regalar unha flor. A tradición di que debe ser unha rosa pero a nós nos encantan as margaridas así que decidimos facer unha margarida.

Aquí tedes o resultado:


Por si queredes facer un agasallo sinxelo e diferente aquí deixamos os pasos:



O que precisamos: dous escarvadentes, un espeto, unha lambetada en forma de aro, seis lambetadas da mesma cor e unha diferente.


1. Cravamos a lambetada em forma de aro pola metade no espeto.


2. Despois unha das seis da mesma cor.




3. Seguimos coa lambetada de cor diferente.




4. E o final do espeto outra das iguais.


5. Nun dos ercavadentes cravamos unha lambetada das seis.


6. E facemos o mesmo co outro escarvadentes.




7. Inserimos en diagonal os escarvadentes, facendo unha x.




8. E xa para rematar nos escarvadentes baleiros engadimos outra lambetada.






E listo!!!

DÍA DO LIBRO

Sendo hoxe un día tan importante como o día do libro non podíamos pasar ser suxerirvos unha actividade divertida para facer na casa.



luns, 21 de abril de 2014

APRENDENDO XEOMETRÍA COCIÑANDO

Antes das vacacións de Pascua fixemos un pequeno xogo de cociña que nos serviu para recordas as formas xeométricas que levamos vistas ata o momento.




Enchemos as formas segundo unha pauta: triángulo-nutela, cadrado-pavo e queixo e círculo-chourizo.






Pechamos as formas xeométricas.



Despois pasaron polo forno e tachán unha rica merenda feita entre tod@s.




PITOS

Empezamos co proxectos dos pitos por iso a nosa clase estase enchendo destes animaliños.





GALIÑAS DE PASCUA CON AGASALLO

Coas vacacións os nenos e nenas levaron a casa unha fermosa galiña que puña ovos, pero non ovos normais senon de chocolate. Espero que lles gustara.






DÍA DE ANOS DE YERAY

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design customized with Smilebox

DÍA DE ANOS IZAN

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow customized with Smilebox

IMOS AO CINE!!!


Antes das vacacións de Pascua fomos de visita ao cine. O pasamos xenial vendo as aventuras do Señor Peabody e Sherman.

visita ao cine - Movie Maker

SANDWICHES DE POLO



INGREDIENTES:


 

  • Peituga de polo cocida.
  • Limón o gusto
  • Maionesa
  • Pan de molde
  • Leituga

1. Esmiuzar o polo.


2. Quitamoslle o borde o pan.
3. Cortamos a leituga.
4. Botamos o zume dun limón.
5. Engadimos a maionesa.
6. Removemos todo moi ben.
7. Untamos a pasta por unha das rebandas de pan coa axuda dunha culler.
8. Poñemos enreiba da pasta a leituga.
9. Xa por ultimo, colocamos a outra rebanda enriba.
E AGORA A PAPAR!!!!!