Se pechas ben os ollos e abres a porta da imaxinación poderás ver máis alá da simple realidade.

xoves, 30 de outubro de 2014

COUSIÑAS PARA FACER POLO SAMAÍN

SALVATERRA

Un paseo nocturno ou un taller de maquillaxe. Mister Vampiro contaracho.



VIGO

Sesión de contacontos de medo en Libros para Soñar. Preme sobre a cabaza.


CANGAS

Repostería, disfraces e xogos en cangas Vella. Os morcégos indicaránche.



martes, 28 de outubro de 2014

A NOSA PORTA DE SAMAÍN

Chega o Samaín en con el as bruxas, calacús, pantasmas, morcegos... e tamén os traballos monstruosos, como a nosa porta da clase. Digna de ver, xa que da un medoooooo!!!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a picture slideshow

domingo, 26 de outubro de 2014

SAMAÍN

Xa chega o Samaín. Que medoooo! A noite onde segundo a tradición Celta os nosos seres queridos que xa non están volven a visitarnos. Como ás veces, isto danos un pouco de medo poñemos calacús con caras moi feas para que lle dean medo e marchen.
Esta é unha das tradicións máis antigas na nosa terra, pero hai outras moitas aredor do mundo. Como o famos "trick o treat".

Aquí vos deixo un enlace con moitas actividades para facer en familia sobre o Samaín.



domingo, 19 de outubro de 2014

AS LETRAS"T" E "S". REPASO MATES

Estes días estamos traballando a letra S e a T, así como series de números e sumas. Déixovos unhas fichas de repaso por si queredes traballar un pouquiño na casa.


  
















                                    Matemáticas

sábado, 18 de outubro de 2014

DÍA DE ANOS DE YAIZA

Onte estivo de aniversario a nosa compañeira Yaiza e trouxo este rico biscoito para comer entre todos.


GRAZAS YAIZA E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!

sábado, 11 de outubro de 2014

UNHA PÁXINA MOI INTERESANTE

Papis e mamis déixovos esta páxina sobre educación onde atoparedes xogos de ordenador que axudarán aos vosos filllos e fillas e cos que ademais se divertirán.


mércores, 1 de outubro de 2014

A VOLTA AO COLE

Xa case pasou un mes dende que comezou un novo curso. Un curso onde cambio de etapa, pasamos a Primaria e onde afronto unha nova aventura Arts&crafts e inglés en tres anos, esperando estar á altura e non defraudar co meu traballo.

Para iniciar ben o curso gustaríame recomendar unha actividade moi intersante para os pais e outra entretida para os máis pequenos.

Proxección do documental  " A historia de Tomi Ungerer"

Este venres, 3 de outubro ás 18:30 la libraría LIBROS PARA SOÑAR ( Rúa triunfo, 1 Vigo)

O documental resume a entrevista que Bernstein mantivo co autor, onde se repasa a súa traxectoria profesional e creativa.





Sesións de contacontos en LIBROS PARA SOÑAR.

Para público infantil a partir de 4 anos, todos os venres ás 18:30. Entrada gratuita.
A primeira sesións ( venres 10 outubro) estará adicado as obras de Tomi Ungerer.